OBXEcTIVOS

Obxectivo fundamental do programa

O obxectivo fundamental do Programa é conseguir mellorar a competencia e capacidade laboral das persoas participantes e favorecer a súa inserción laboral.

Para isto trataremos de:

  • Favorecer a integración da persoa menor na sociedade, traballando para que a inserción tanto a nivel social como a nivel laboral sexa satisfactoria e duradeira, creando os recursos e estruturas axeitadas para poder conseguilo.
  • Desenvolver actuacións de formación ocupacional ou outros programas que melloren as súas competencias e capacidades laborais e favorezan a súa inserción laboral cando accedan á liberdade.
  • Conseguir a participación e coordinación de todos os axentes que participan no programa, xa sexa de forma directa ou indirecta (profesionais, entidades públicas e privadas, empresas, sociedade en xeral…), de cara a conseguir dita integración.
  • Establecer relacións co mundo empresarial para facilitar o acceso das persoas mozas a postos de traballo, entendendo a inserción laboral como un camiño cara á integración global das mesmas de maneira integral nos diferentes ámbitos.
  • Facilitar a posibilidade de que as persoas menores que reciban calquera tipo de remuneración a través do Programa, voluntariamente poidan destinar unha parte da mesma a reparar a responsabilidade civil ocasionada pola infracción cometida, informando ás mozas e mozos e colaborando cos Centros na execución desta iniciativa.